InicioCentralAlfozRosana Fraga, ANPA Castro de Ouro: "Non se cumpren as ratios de...

Rosana Fraga, ANPA Castro de Ouro: “Non se cumpren as ratios de alumnos e este curso non enviaron PT”

A ANPA do CEIP Castro de Ouro en Alfoz considera que as aulas están masificadas en atención ao acordo asinado en xaneiro de 2024 entre Xunta, CCOO, UGT e ANPE, que limitaba o número de alumnos segundo determinados parámetros. No caso do CEIP Castro de Ouro, a ANPA sinala que non se desdobraron debidamente as aulas, sobre todo a aula en que se xuntan 1º, 2º e 3º de Primaria, que suman 15 alumnos e alumnas superando os 12 alumnos, número a partir do cal se debe desdobrar unha aula. Falamos con Rosana Fraga da ANPA do CEIP o martes 17 de setembro, dous días antes de reunírense coa delegada territorial da Xunta e coa inspectora de Educación. Posteriormente a esa reunión, a asemblea de socios de ANPA decide continuar coas mobilizacións.

Publicada o

- Advertisement -

-Ofreceron desde Educación explicacións sobre por que non se achegou un ou unha nova profesora para cumprir as ratios acordadas?

Din que as novas ratios iranse aplicando de maneira progresiva e que emperazarán por Infantil, onde cunha ratio a partir de 14 alumnos desdobrarán. Logo en Primaria será a partir 12 alumnos cando haxa que desdobrar. Esas ratios non son o que se acordou cando sucede o que sucede aquí, que temos varios ciclos xuntos e no acordo asinado entre CCOO, UGT, ANPE e Xunta, dise que a partir de 12 alumnos neste tipo de agrupamentos habería que desdobrar. No mes de xuño xa comezaron os rumores de que isto non se cumpriría. Aí foi cando Educación dixo que a aplicación de novas ratios será a partir de Infantil. Total, en Infantil se eran máis de 14 traerían un novo profesor e en Primaria se se xuntaban varios ciclos diferentes con máis de 12 alumnos hai que desdobrar e aquí temos 15 alumnos.

-Informáronos previamente desa progresividade no desdobramento nas aulas?

Non, soubémolo a través das notas de sindicatos e noticias na prensa. É dicir, oficialmente ninguén se puxo en contacto coa ANPA do CEIP para dicirnos os convenios. Á parte diso, este ano o CEIP aumentou a matriculación pasando dos 37 alumnos do ano aos 39 este curso e catro profesores permanentes.

-Tamén reclaman a incorporación dun ou dunha especialista en Pedagoxía Terapéutica (PT), figura suprimida no centro de Alfoz.

Os nenos e nenas con necesidades especiais reciben o reforzo do PT para reforzar as súas demandas educativas. Até o curso pasado había unha PT no noso CEIP pola presenza de alumnado con necesidades educativas que necesitaban unha atención máis especializada. Este curso, segundo Educación, ao pasaren eses alumnos ao instituto, non necesitamos a figura do PT. Non obstante, temos aínda alumnado con necesidades que precisan do PT.

-Antes de que se asinase o acordo entre os tres sindicatos e a Xunta, no CEIP Castro de Ouro, como era o reparto das ratios no centro?

Levamos tempo cos mesmos números de alumnos por aula. Antes do acordo eran 18 por aula e nós non pasabamos esa cantidade por aula así pois, non podiamos reclamar nada. Co novo reparto, agora si podemos reclamar. Houbo veces en que faltando un profesor reuniron varios cursos nunha soa aula.

ÚLTIMAS

Rescatan unha muller despois de caer ao mar co coche que conducía en Burela

Unha muller foi rescatada este mércores tras caer ao mar o coche que conducía...

Viveiro modernizará o seu padrón municipal para facilitar os trámites administrativos á veciñanza

O concelleiro Jesús Fernández, en representación do Concello de Viveiro, asinou un convenio de...

A empresa pública estatal ACUAES permitirá financiar a depuradora de San Miguel en Barreiros

A Secretaría de Estado de Medio Ambiente, dirixida por Hugo Morán, comprometeu onte o...

Ribadeo realiza obras de seguridade e accesibilidade na praza Pancho Maseda

Ribadeo aposta por mellorar a accesibilidade e a seguridade de prazas e espazos públicos....