InicioCentralAlfozO Concello de Alfoz manifesta a súa preocupación pola falta de profesorado...

O Concello de Alfoz manifesta a súa preocupación pola falta de profesorado no CEIP Castro de Ouro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Alfoz expresa a súa profunda preocupación ante a falta de cumprimento do acordo asinado entre a Xunta de Galicia e os sindicatos en relación aos agrupamentos de aulas mixtas nos centros de educación infantil e primaria. Esta situación ten un impacto directo no CEIP Castro de Ouro, que se ve afectado por esta decisión.

O Concello de Alfoz apunta que “isto non é apoiar a educación no rural”. A falta de recursos e a non aplicación dos acordos previamente establecidos comprometen a calidade educativa e o futuro dos nosos nenos e nenas. A educación no medio rural é fundamental para garantir a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento integral da comunidade. “Aínda por encima minguan os recursos extraordinarios ao non contar este curso con docente de Pedagoxía Terapéutica, recurso fundamental para apoiar as necesidades presentes no noso centro” apuntan dende o consistorio.

Desde o Concello de Alfoz, instamos á Xunta a que tome medidas inmediatas para rectificar esta situación e a que se comprometa de verdade co futuro da educación no noso rural. A educación é un pilar esencial para o progreso e a cohesión social, e non podemos permitir que se descoide.

Agradecemos a comprensión e o apoio da comunidade educativa e de todas as familias afectadas, e reiteramos o noso compromiso de seguir loitando por unha educación de calidade para todos.

ÚLTIMAS

O Goberno central asegura que “moi pronto” haberá novas positivas para o futuro de Alcoa

A secretaria de Estado de Industria, Rebeca Torró, mostrouse "convencida" de que "moi pronto"...

O alcalde de Foz delega na concelleira do BNG, Zoraida Coira as competencias na residencia de maiores

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, asinou hoxe, xoves, o decreto para a delegación...

Finalizan as celebracións polo centenario da Confraría de Pescadores de Burela

A confraría de pescadores San Juan Bautista de Burela culminou a celebración do seu...

Os socialistas de Mondoñedo reclaman usar o vehículo de Protección Civil só para emerxencias

Os Socialistas de Mondoñedo emprazan ao PP de Mondoñedo a utilizar o vehículo de...