InicioCentralAlfozAlfoz pecha as súas actividades de verán cunha festa na Piscina Municipal

Alfoz pecha as súas actividades de verán cunha festa na Piscina Municipal

O Concello quere agradecer a todos e todas pola súa participación e colaboración ao longo do verán e espera contar cunha gran acollida nas actividades que están por vir

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Alfoz informa que o próximo sábado, 31 de agosto, celebrarase de 18 a 20 horas unha festa de fin de tempada na Piscina Municipal de Alfoz. O evento contará con música e tobogán inchable para o desfrute da veciñanza.

Xunto a esta actividade, tamén se dará por finalizado o programa de Ludiverán e as Noites de Campamento 2024, poñendo punto e final ás actividades estivais organizadas polo Concello. Estas actividades foron todo un éxito, como demostra a alta participación e o entusiasmo mostrado por veciñas e veciños en cada unha delas.

Ademais, o Concello de Alfoz informa que a vindeira semana publicarase a oferta de actividades para a apertura do CEIP, que incluirá os programas de Madrugadores, Ocio e Estudo e clases de Inglés polas tardes. Tamén se abrirá a inscrición para as Escolas Deportivas na modalidade de fútbol.

O Concello quere agradecer a todos e todas pola súa participación e colaboración ao longo do verán e espera contar cunha gran acollida nas actividades que están por vir.

ÚLTIMAS

Pastor Fábrega Álvarez: “O castro de Cabo Burela pode dar moitas sorpresas por estar moi ben conservado”

  Esta é a primeira prospección arqueolóxica que se realiza no Cabo de Burela? Si, é...

María José Barreira, PSOE do Valadouro: “a resposta de por que o concello non cumpre con Facenda é botar balóns fóra”

— Cal é o motivo polo cal o Concello do Valadouro é considerado como...

O novo libro dos Bolechas dedicado á multiculturalidade de Burela

O Concello de Burela presentou este venres na Praza da Mariña o libro Os...

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...