InicioCentralAlfozAlfoz celebrou o seu I Día da Veciñanza coa asistencia de 400...

Alfoz celebrou o seu I Día da Veciñanza coa asistencia de 400 persoas

Publicada o

- Advertisement -

Este domingo 12 de maio celebrouse o I Día da Veciñanza de Alfoz. As asociacións
veciñais do municipio xunto coa Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo e en
colaboración co Concello de Alfoz e a Federación de Asociacións de Lugo organizaron
este evento que chegou a reunir a máis de 400 veciñas e veciños.


“É un éxito de todas as asociacións, é un orgullo para o Concello ver como se organizaron e traballaron para que este día saíra tan ben” apuntou o concelleiro de Educación, Igualdade e Participación, Eliseo Lorenzo.


“Debemos resaltar o papel das asociacións na dinamización das parroquias xa que fan as festas patronais e diversas actividades durante todo o ano de forma desinteresada, só pola satisfacción de ver á veciñanza gozar das mesmas” engadiu o concelleiro.


Dende a organización tamén se mostraron satisfeitos e contentos polo resultado da
xuntanza: “foi un día para o recordo, onde a xente ademais de comer e bailar puido
recordar tempos vividos e conversar sobre como lles vai a vida. Esperamos volver a xuntarnos o ano que vén”

ÚLTIMAS

María José Ginzo, matemática: “Unha conclusión é que o mapa dos apelidos galegos coincide cos das dióceses”

-Que motivación viches en realizar un traballo arredor dos apelidos, a súa cuantificación e...

As néboas perennes do Alto do Fiouco manteñen o debate sobre a seguridade viaria na A-8: “Cando xa estás no túnel de néboa, non...

Nos verdes pasteiros que disecciona a Autovía do Cantábrico ao seu paso polos municipios lucenses...

Foz fai un balance positivo do verán con mil visitantes máis que en 2023

As oficinas de turismo de Foz e o Centro de Interpretación da Basílica de...

A Deputación de Lugo asina un convenio para impulsar a formación de redeiras

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou un novo convenio de...