InicioCentralAlfozAlfoz presenta a súa programación de Nadal

Alfoz presenta a súa programación de Nadal

Publicada o

- Advertisement -

Alfoz presenta a súa programación para este mes de decembro e abre coa Programación da Delegación de Cultura co Concerto de Nadal a cargo da Banda de Música de Lourenzá o sábado 9, ás 19:00h no Salón de Actos.

No mesmo lugar, tamén ás 19:00h o 17 presentarase o espectáculo de música e teatro para todos os públicos “Zona en Obras” con Brais das Hortas e, ao rematar, farase a entrega dos premios do XXI Concurso de postais de Nadal, no que ademais dos tres premiados nas categorías de Educación Infantil, 1º ciclo de Ed. Primaria e 2º ciclo de Educación Primaria do CEIP Castro de Ouro, todos os participantes recibirán un diploma e un agasallo polas súas obras. 

Remataremos o mes con 2 tardes de festa para os nenos e nenas, de 17:30h a 20:30h no Pavillón Municipal os días 29 e 30 de decembro: inchables, pintacaras, música, xogos “e moitas sorpresas divertidas”. Todas as actividades son de balde e de entrada libre, coma sempre, e non é precisa inscrición previa en ningún caso. 

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...