InicioCentralAlfozFoz e Alfoz realizan a contratación para a mellora na estrada entre...

Foz e Alfoz realizan a contratación para a mellora na estrada entre San Acisclo e A Seara

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular de novo xoga a reclamar o que xa está en marcha, tratando de enganar aos veciños. Vimos de sufrir de novo unha escenificación máis do Partido Popular de Foz e do seu candidato o sr. Castiñeira, desta volta co estado da estrada LU-P-0210 entre San Acisclo e A Seara”. Indica o alcalde de Foz e candidato Fran Cajoto.

A estrada provincial LU-P-0210, que une San Acisclo e a Seara, é un vial de conexión fundamental entre os concellos de Foz e Alfoz. A comezos do ano 2022 executáronse pola empresa Transformaciones Agrarias Isidro Hermanos Blanco Trigo, S.L. cun orzamento de máis de 110 mil euros as obras de ampliación e acondicionamento da vía entre os puntos quilométricos 5,1 e 5,3, nos que se expropiaron os terreos necesarios, se ampliou a plataforma existente e se construíron beirarrúas e un novo alumeado público. Nese proxecto construtivo non se contemplaba a mellora de firme dos primeiros 355 metros, tramo que está próximo a adxudicarse.

Para os 355 metros pendentes de arranxo, o pasado 9 de abril redactouse un proxecto construtivo por importe de 37024,34 euros en execución material. Con número de expediente 2023/CM2_04/000206 e con fondos xa consignados, este mércores 3 de maio asinouse a proposta de contratación pola Deputación de Lugo.

O PP de Alfoz e o seu candidato Juanjo Fraga reclaman o arranxo da estrada cando saben que xa se vai levar a cabo, tal e como lles respostamos no pleno. Este é o nivel, baixo cero. Curioso, por non dicir outra cousa”– destaca o alcalde de Alfoz e candidato polo PSdeG-PSOE Jorge Val.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...