InicioCentralAlfozXornadas en Alfoz sobre o monte como captador de CO2

Xornadas en Alfoz sobre o monte como captador de CO2

No relatorio mostraranse os principais problemas e retos que os sistemas agroforestais e agrícolas teñen asociados ao cambio climático, así como o concepto da neutralidade climática.

Publicada o

- Advertisement -

Oportunidades do sector forestal galego para explorar o potencial do monte como sumidoiro de carbono. Será o sábado 15 de abril, de 10:30h a 13:45h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz. Non é preciso inscribirse previamente e é unha actividade gratuita.

No relatorio mostraranse os principais problemas e retos que os sistemas agroforestais e agrícolas teñen asociados ao cambio climático, así como o concepto da neutralidade climática. A necesidade da súa integración do sector agrícola e forestal a través dos sistemas agroforestais, e os principais mecanismos de financiamento

do carbono a través dos proxectos de absorción de carbono, así como mecanismos de financiamento asociados á PAC. Forma parte das xornadas formativas para promover o uso sostible dos recursos e potenciar os territorios de Reserva da Biosfera Terras de Miño.

ÚLTIMAS

Restablecida a circulación da FEVE Ribadeo-Ferrol tras caer unha árbore na liña

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) informou de que a circulación da liña de...

Recorren o arquivo do caso da Maruxaina

A asociación Mulleres en Igualdade, Bumei, recorreu a decisión do Tribunal de Instancia de...

A Asociación de Comerciantes da Pontenova intégrase na FCAM

A Asociación de Comerciantes da Pontenova acaba de integrarse na FCAM. Desde a Federación...