InicioM.ambiente e PatrimonioXa van preto de 5.000 firmas recollidas contra a hidroelétrica do Xistral

Xa van preto de 5.000 firmas recollidas contra a hidroelétrica do Xistral

"Non nos imos deter ata que a empresa diga que non á central", sinala a plataforma veciñal, que convocou manifestación para este domingo.

Publicada o

- Advertisement -

A plataforma veciñal contra a central hidroeléctrica do Xistral leva recollidas case 5.000 firmas contrarias a esta infraestrutura que afecta os municipios do Valadouro e Alfoz. Andrés Vidal, un dos portavoces da plataforma, mostrouse “moi satisfeito” por ter recollido estas sinaturas, xa que entre os dous concellos non chegan aos 4.000 habitantes.

Así, avisan de que non se van deter ata parar o proxecto que pretende acometer a empresa zaragozana Atalaia Corporación. “A proba está aí, son case 5.000 firmas e contamos co apoio de asociacións de veciños, de asociacións culturais e ecolóxicas“, sinala. Vidal espera agora que a empresa dea marcha atrás, pois “o presidente (de Atalaia Corporación), Pedro Machín, fixo unhas declaracións onde chegou a dicir que se a xente non a quere, el tampouco vai pasar o rodete”.

Deste xeito, animou a participar na manifestación, convocada para o domingo no Valadouro, que “se fará en forma de ruta”. “Queremos conectar as dúas balsas, a de Vilacampa coa de Recarei, e facer o percorrido por onde van os tubos e onde queren instalar as bombas”, indica. Así mesmo, Vidal advirte de que seguirán con máis mobilizacións para reivindicar que “non a queremos”. “Non nos imos deter ata que a empresa diga que non á central ou sexan outros estamentos os que digan que non se vai facer”, conclúe.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...