InicioOrientalOs eólicos poderían chegar á costa da Mariña grazas a un clúster...

Os eólicos poderían chegar á costa da Mariña grazas a un clúster apoiado pola Xunta

Unha ducia de asociacións ambientais piden entrar na organización para facer valer as demandas da cidadanía.

Publicada o

- Advertisement -

A loita veciñal contra o actual modelo de implantación eólica en Galicia segue avanzando. Nos últimos meses, o foco das asociacións ambientalistas vén de se colocar sobre a dimensión da eólica mariña, que na comunidade galega vén de dar un paso adiante coa conformación do Supercluster Atlantic Wind (SAW), que segundo apuntan diversas organizacións nun comunicado contou co apoio do conselleiro da área de enerxía e economía da Xunta de Galicia, Francisco Conde.

O obxectivo deste clúster, que integra ás entidades Sea of  Innovation Cantabria Clúster ( SICC), Galician  Offshore  Energy  Group ( GOE-ASIME) e o Consorcio Tecnolóxico da Enerxía de Asturias ( AINER), pasa por beneficiarse da Estratexia sobre as Enerxías Renovables Mariñas lanzada pola Comisión europea en novembro de 2020, máis coñecida popularmente como a EUGreenDeal.

Ante esta circunstancia, unha ducia de asociacións galegas que levan meses en pé de guerra contra a ‘avalancha eólica’ veñen de demandar ao conselleiro Conde a súa inclusión no clúster. Alegan que só así poderán facer valer as demandas e preocupacións da cidadanía ante un sector que avanza co apoio da administración autonómica. Do mesmo xeito, demandan ao conselleiro coñecer cales foron os termos do acordo que deron lugar ao supercluster co apoio da Xunta, e esixen ao Goberno que suspenda de forma cautelar todos aqueles proxectos eólicos nos que non se garanta a participación da cidadanía afectada de Galicia.

As asociacións que demandan ser incluídas no clúster chegan á ducia, comezado por Petón do Lobo, a plataforma “As Salgueiras”, a asociación galega Cova Crea, a plataforma Quijote de Outes, a plataforma MoveNeda, a plataforma Veciñal MonferoDiNon, Stop Eólicos Xurés Celanova, a Asociación Amigos e Amigas dos Bosques “O Ouriol” do Anllóns, a Plataforma Eiquí Eólicos Non, e rematando co Instituto Armegin, a Asociación contra os parques eólicos Outes Mazaricos (APEOM) e a Plataforma veciñal O Cerqueiral

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...