InicioPolíticaNéstor Rego avalía o efectos da prohibición da venda do marraxo ilegal...

Néstor Rego avalía o efectos da prohibición da venda do marraxo ilegal con armadores da Mariña

O BNG destaca que realizou varias iniciativas para defender o sector, tanto no Congreso coma no Parlamento galego

Publicada o

- Advertisement -

Dentro das visitas e encontros que o deputado no Congreso Néstor Rego mantivo esta semana con diferentes sectores económicos da comarca, destaca a xuntanza cos armadores afectados pola prohibición da venta do marraxo capturado legalmente, ao abeiro das directrices e normativas pesqueiras vixentes, o chamado marraxo dientuso.

Nesta xuntanza na que participaron tamén o deputado Daniel Castro, a responsable comarcal Ana Ermida e representantes do Bng en Burela, os afectados por esta inxusta medida manifestaron o quebranto económico que a mesma lles está a provocar, ao non poder comercializar centos de toneladas de marraxo que almacenan en cámaras frigoríficas, co correspondente gasto que eso conleva tamén.

Desde o mes de setembro do pasado ano, Néstor Rego vén facendo un seguimento continuo desta situación no Congreso, interpelando, preguntando e presentando proposicións non de lei nas que instou ao Goberno do Estado a autorizar urxentemente a comercialización de todas as toneladas de marraxo dientuso que hai almacenadas en cámaras.

PROBLEMAS PARA O SECTOR

O BNG salienta que isto fai perigar a viabilidade económica colocando a moitos armadores nunha situación límite. Néstor Rego destacou tamén que os buques palangreiros galegos e mariñaos “sométense a estrictos controis e colaboran coa comunidade científica, contando con observadores a bordo e cumprindo estrictamente coa normativa vixente en canto ao rexistro das capturas e a posterior transmisión electrónica dos datos da actividade pesqueira mediante o diario electrónico de a bordo” tal como aseguraron tamén os armadores presentes na reunión. “Todo esto fai ainda mais incomprensible a medida adoptada polo goberno”, concluíu Rego.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...