InicioFeaturedCoñece os concellos da Mariña que presentaron alegacións contra a lei de...

Coñece os concellos da Mariña que presentaron alegacións contra a lei de protección do lobo

Libera di que foron 19 os concellos que presentaron alegacións, case a metade, da Mariña.

Publicada o

- Advertisement -

Un total de 19 concellos galegos presentaron alegacións pola lei de protección do lobo estatal, segundo informa a asociación animalista Libera en base aos datos achegados polo Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (Miteco) a unha pregunta do deputado de Unidas Podemos, Antón Gómez-Reino.

Nun comunicado, Libera incide en que esta cifra “representa a pouco máis do 6% das entidades locais de toda Galicia” e sostén que “a campaña anti-lobo da Xunta foi un rotundo fracaso institucional”.

En concreto, o deputado de Unidas Podemos preguntaba pola participación das entidades locais, institucións, organizacións e colectivos no período de alegacións á decisión de incrementar a protección do lobo ibérico.

Na súa resposta, o Ministerio confirma que foron 19 os concellos galegos que presentaron alegacións: O Pino, Ourol, Vilarmaior, Noia, Muras, Abadín, Alfoz, Cervo, Valadouro, Xermade, Xove, Viveiro, Pedrafita do Cebreiro, Curtis, Cervantes, As Nogais, Navia de Suarna, O Vicedo e Porto do Son. A eles, súmanse 26 alegacións doutras institucións, entidades ou organizacións, aínda que dúas fose de prazo.

Ao fío destes datos, Libera denuncia “un uso interesado” das cifras por parte do Goberno galego “posto que menciona o número total (5.635) pero obvia que unha porcentaxe moi importante corresponden a organizacións non gobernamentais que piden máis protección para o lobo, como os escritos colectivos de WWF ou Voluntariado para o Censo do Lobo Ibérico, que en conxunto suman 959″.

“Tamén no capítulo de alegacións de colectivos atópanse entidades gandeiras, ecoloxistas e ata unha empresa inmobiliaria”, remarca a asociación animalista que insta o Executivo galego “a deixar de instrumentalizar politicamente a conservación da biodiversidade con argumentos pseudocientíficos como que o lobo pon en perigo a viabilidade de explotacións gandeiras, xusto cando os propios sindicatos denuncian que o prezo da carne non deixa de caer”.

“O simulacro de enfrontamento co Goberno central por parte da Xunta e outros territorios só é unha fachada para evitar a abordaxe real dos problemas do sector produtivo e da Galicia baleirada: poucas axudas e pagos demorados ata dous anos, falta de servizos básicos, caída de prezos”, expón nun comunicado no que volva reclamar “un foro do lobo” para sentar as bases “dunha política de coexistencia”.

AXENCIAS

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...

Foz asina a cesión do edificio da residencia e centro de día co Consorcio Galego

O Concello de Foz acaba de asinar hoxe, venres, a transmisión de titularidade do...