IniciosociedadeA néboa volve obrigar a pechar a A-8 á altura de Mondoñedo

A néboa volve obrigar a pechar a A-8 á altura de Mondoñedo

A circulación está cortada en ambos sentidos dende as tres da mañá deste sábado.

Publicada o

- Advertisement -

A néboa causou un corte de tráfico nos dous sentidos da a circulación na A-8 á altura do concello lucense de Mondoñedo este sábado de Semana Santa. Segundo informa a Dirección Xeral de Tráfico (DGT), a circulación permanece interrompida en ambos os sentidos da marcha desde as 3,03 horas deste sábado entre os puntos quilométricos 536 e 552 da A-8.

A circulación foi interrompida por mor da meteoroloxía adversa, dado que a néboa rexistrada na zona afecta á visibilidade na autoestrada. Polo momento o tráfico non foi restablecido na A-8, onde o corte é total en ambos os sentidos nas proximidades do Pico de Castro dás Flores.

ÚLTIMAS

Denuncian ao condutor dun camión por superar as taxas de alcol permitidas

A Garda Civil denunciou ao condutor dun camión de mercacías perigosas ao superar as...

A Mariña en alerta laranxa por temporal marítimo este mércores

Galicia continuará este mércores baixo a influencia dun temporal marítimo que manterá activada a...

Nove anos de cadea por agredir e reter ilegamente á súa exparella en Xove

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e sete meses de prisión...

Formación en Cervo sobre turismo slow para a Mariña

A antiga carboeira do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, en Cervo, acolleu hoxe...