InicioPolíticaMario Leitón toma posesión en Lourenzá e o PP esixe que se...

Mario Leitón toma posesión en Lourenzá e o PP esixe que se aclare a demisión do anterior edil

Os populares aseguran que a alcaldesa "non respecta a tarefa de control da oposición"

Publicada o

- Advertisement -

O PP reclama “explicacións” á alcaldesa de Lourenzá, a socialista Rocío López, pola demisión do edil de obras e segundo tenente de alcalde, Carlos Rivas. O concelleiro foi substituído no pleno do pasado xoves por Mario Leitón. Esta alta permitiu ao goberno socialista manter a súa maioría, con seis actas por catro dos populares e unha do BNG.

O PP laurentino formulou na sesión plenaria preguntas sobre “por que se mantivo ao concelleiro cobrando (cunha adicación parcial) durante dous anos e medio se non estaba a facer o seu traballo”, en alusión ao exposto pola rexedora, que indicou sobre Rivas nun comunicado que “todo o mundo sabe onde despachaba os venres, o día de adicación ao Concello”.

Os populares denuncian que non tiveron explicacións neste senso por parte da alcaldesa. Ademais, sosteñen, o feito de que houbese dúas demisións no goberno local demostra que “non hai entendemento no executivo municipal”.

OUTRAS PREGUNTAS

O PP de Lourenzá subliña que tampouco tivo respostas a preguntas sobre a limpeza dun treito da vía LU-P-2804, o horario de apertura do punto limpo, a estrada de Arroxo ou os colectores de lixo soterrados, “que se manteñen sen servizo. A rexedora non respecta a tarefa de control da oposición”, conclúe.

ÚLTIMAS

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Burela pide cautela ante a vaga de roubos na comarca e concello e non dificultar o traballo dos axentes

A vaga de roubos notificada nos últimos días en diversos puntos da comarca da...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...