InicioPolíticaEn Marea vota presentarse ás eleccións galegas e ábrese a unha coalición...

En Marea vota presentarse ás eleccións galegas e ábrese a unha coalición con outros partidos

A formación optara por non concorrer aos comicios previstos o pasado 5 de abril

Publicada o

- Advertisement -

Os inscritos participantes nas asembleas telemáticas celebradas este sábado apoiaron que En Marea se presente ás eleccións galegas do próximo 12 de xullo a través dunha coalición, que estea aberta tanto ás mareas locais como a outras formacións políticas. Así o anunciaron os coportavoces Pancho Casal e María Castro nunha comparecencia telemática tras analizar os resultados das votacións, nun proceso telemático que contou con máis de 200 participantes.

Esta decisión adoptouse a pesar de que a formación optara por non concorrer aos comicios previstos o pasado 5 de abril, que quedaron suspendidos debido á incidencia da crise sanitaria provocada pola Covid-19.

Para Casal, a realidade está “moi clara”, e os militantes piden que se traballe por “ese acordo” para tentar aglutinar “todas as forzas” posibles nunha coalición que desbanque o PP do Goberno da Xunta. Podes ler toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...