IniciosociedadeO Goberno aproba un plan social con medidas para inquilinos, empregadas do...

O Goberno aproba un plan social con medidas para inquilinos, empregadas do fogar, autónomos ou pemes

O paquete anunciado polo Executivo contempla unha moratoria de seis meses na cotización á Seguridade Social para os traballadores por conta propia

Publicada o

- Advertisement -

O Consello de Ministros do Goberno central aprobou este martes un plan social contra os efectos do coronavirus que amplía o paquete de medidas económicas aprobadas trece días atrás.

O Real Decreto-Lei aproba axudas e suspende desafiuzamentos de aluguer seis meses tras o fin de estado de alarma, amplía a 90 días a moratoria hipotecaria e estende a medida a todo tipo de préstamos, permite a moratoria do pago das cotizacións de autónomos durante un semestre e dá luz verde a un subsidio para as empregadas do fogar dadas de alta despedidas ou que non poidan traballar. Tamén se permitirá retirar aforro dos seus plans de pensións aos desempregados pola Covid-19 e darase un subsidio de 430 euros a temporais que queden en paro durante o estado de alarma. O Goberno traballa ademais nunha renda mínima vital que beneficiaría a máis de cinco millóns de cidadáns. Podes consultar a información ao detalle no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Viveiro asegura que o novo plan de accesibilidade “mellorará o día a día das persoas”

A tenenta de alcaldía do Concello de Viveiro, Míriam Bermúdez, mantivo hoxe unha reunión...

Óscar López, ‘Costeira’: “A romaría do Bispo Santo é a festa máis antiga de Foz”

-A Romaría do Bispo Santo ten unha longa tradición? Segundo algúns manuscritos este 2024 a...

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

Eleccións á presidencia do Ribadeo FC: abre o prazo para presentar candidaturas

O Ribadeo Fútbol Club convoca eleccións á presidencia da entidade e o prazo...