IniciosociedadeA Xunta reforza o Xulgado de violencia machista de Viveiro dous anos...

A Xunta reforza o Xulgado de violencia machista de Viveiro dous anos despois de anunciar a praza

O Goberno autonómico dota o servizo dun novo funcionario despois de falar dunha "incorporación inmediata" en febreiro do 2018

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia reforzará este venres o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Viveiro, que ten as competencias en Violencia sobre a Muller, cunha nova praza no corpo de tramitación.

Trátase dun reforzo de persoal que se fai efectivo máis de dous anos despois de que o Goberno autonómico anunciase -o 5 de xaneiro de 2018- a “incorporación inmediata” do correspondente funcionario.

A Consellería de Xustiza reforzou tamén con outro traballador do corpo de tramitación o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro, que segundo os propios traballadores viña arrastrando unha carga de traballo do 215%, isto é, o 115% por riba do que por recursos pode asumir.

Precisamente, esta mesma semana o Consello Xeral do Poder Xudicial (CJPJ) realizou unha inspección ao Xulgado número 1 de Viveiro.

ÚLTIMAS

Un ferido logo de envorcar un camión no Vicedo

O condutor dun camión resultou ferido este mércores no Vicedo (Lugo) tras saírse da...

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir...

O BNG de Foz alerta do atranco no desaugue na praia da Areoura

O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo...

ACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou e entregou este mércores os premios da campaña de San Valentín. Roberto...