IniciosociedadeAlertan de que A Mariña perderá 25 gardas civís na designación de...

Alertan de que A Mariña perderá 25 gardas civís na designación de destinos

UniónGC reclama máis persoal dado que só virán dez axentes para cubrir as prazas que foron quedando vacantes os anos anteriores

Publicada o

- Advertisement -

A asociación Unión de Gardas Civís –UniónGC– emitiu este luns un comunicado no que reclama máis persoal para a Compañía de Burela, que abrangue os postos do Vicedo, Viveiro, Xove, Burela, Foz, Barreiros, Ribadeo, Ferreira do Valadouro, Mondoñedo e A Pontenova“.

A agrupación alerta de que “nestes días terá efecto o movemento actual de designación de destinos de gardas civís que está en curso, resultando que marcha agora un total de 25 axentes, vindo unicamente dez efectivos a cubrir as vacantes que foran anunciadas previamente a este movemento, aumentando máis aínda as prazas sen cubrir na zona”.

“É por iso que non podemos deixar de solicitar que non só se cubran as 25 vacantes xeradas neste movemento, senón que se cubran parte das que se foron xerando e non se cubriron en anos anteriores“, expón o colectivo.

PIDEN REFORZOS NO VERÁN

UniónGC remarca que vén solicitando continuamente máis persoal para a provincia de Lugo, “especialmente en zonas de costa, onde a poboación multiplícase ata por tres en tempada estival, solicitando que se reforce máis concretamente nestas poboacións que medran demograficamente no verán, como son Ribadeo, Barreiros, Foz e Burela”.

Deste xeito, considera “que se deben destinar axentes en prácticas aos lugares con maior crecemento demográfico no verán e con maior carga de traballo na provincia, así como potenciar as comisións de servizo para cubrir as zonas de costa en tempada estival”, conclúen.

ÚLTIMAS

Ribadeo licita por lavandaría e cociña do Hospital Asilo por 320.000 euros

Ribadeo licita por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo. As...

A Mancomunidade da Mariña comparte un decálogo para fomentar un turismo sostible na comarca

Son moitos os plans e programas que vén desenvolvendo nos últimos anos a Mancomunidade...

Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

O Concello de Trabada vén de incorporar unha nova desbrozadora trituradora semilateral para tractor,...

Sargadelos amplía a súa capacidade produtiva mercando Burelarte

O Grupo Sargadelos comprou a totalidade dos bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio...