InicioCulturaUnha mostra de cinema marítimo potenciará a Feira do Bonito

Unha mostra de cinema marítimo potenciará a Feira do Bonito

Raso Estudio impulsará o 2 e o 3 de agosto 'Ultramar', que proxectará cinco películas e documentais relacionados co medio mariño

Publicada o

- Advertisement -

Burela acollerá os días 2 e 3 de agosto, nos días previos á Feira do Bonito, a primeira edición de ‘Ultramar’, unha mostra de cinema marítimo que organiza Raso Estudio, en colaboración con Fanto Fantini, a Confraría de Pescadores burelesa, o Concello e a agrupación Ledicia, impulsora do evento gastronómico.

O codirector de Raso Estudio, o burelés Adrián Canoura, explica que “tiñamos ganas de facer unha mostra de cinema aquí en Burela desde hai anos. E pensamos que non había mellor fío posible ca o mar, cando ademais en Galicia están a saír películas de temática mariñeira recoñecidas con premios e que están a ter recupercusión”, explica.

O EVENTO ASPIRA A FACER REFLEXIONAR SOBRE A NOSA RELACIÓN CO MEDIO

O festival cinematográfico aspira a facer reflexionar aos asistentes sobre a relación que a xente do litoral ten co medio mariño, e a promover un cine de autor que busca novas narrativas e non ten espazo nas carteleiras máis comerciais.

Os impulsores da mostra teñen o programa do evento moi avanzado e agardan pechalo nos vindeiros días. Proxectaranse cinco películas e documentais e a organización traballa para que podan vir tamén intérpretes ou cineastas a espoñer as súas obras e participar do debate. Tamén aspira a presentar en Burela un proxecto novidoso do sur de Galicia, que tenta recuperar a memoria do traballo no mar a partir de compilar e potenciar as gravacións feitas polas confrarías ou polos propios traballadores nas embarcacións.

COMPLETA FIN DE SEMANA

‘Ultramar’ completará unha gorentosa fin de semana cultural en Burela, con diversas actividades en torno á Feira do Bonito. Nesas datas celebraranse tamén o certame de pintura mural Amarte e a feira de produtos ecolóxicos e artesáns Produart.

Esa é a nosa idea, diversificar a oferta da feira, tendo en conta que a festa gastronómica é sempre o primeiro. Pero pensamos que todo suma e se a xente pode ter varias alternativas de ocio e cultura será positivo”, expón Canoura.

ÚLTIMAS

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...

Licitada a rehabilitación de 6 vivendas para aluguer accesible en Ribadeo

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue,...