IniciosociedadeSeis chefs e un panadeiro forman a Asociación de Cociñeiros da Mariña

Seis chefs e un panadeiro forman a Asociación de Cociñeiros da Mariña

O colectivo, sen ánimo de lucro, promocionará a cultura gastronómica da bisbarra

Publicada o

- Advertisement -

Seis chefs e un panadeiro integran a Asociación de Cociñeiros da Mariña, que se presentou este martes en Mondoñedo. O colectivo, sen ánimo de lucro, ten o obxectivo de promocionar e difundir a cultura gastronómica da bisbarra, cunha aposta polo produto local e polo consumo de auga Km 0. 

David Rodríguez Moledo, do restaurante A Mirandilla de Rinlo; Bruno Perna Arnaú, responsable de A horta da Paula, en Mondoñedo; Jesús Villarino Gavín, do Asador, en Barreiros; Jorge López, do Pazo de Tovar, no municipio de Lourenzá; Michel Cociña, de Casa Miranda, en Burela; Alejandro Arca Uría, do Arume Gastrobar de Viveiro; e
Waldo Jose González Redondo, da Panadería Rubal, en Mondoñedo, son os membros da agrupación de cociñeiros mariñá.

O colectivo contará co patrocinio do goberno local mindoniense, que cederá locais sociais para as súas xuntanzas. Os chefs lucirán nos seus uniformes o distintivo dos produtos Horta de Mondoñedo, que darán a coñecer co seu traballo.

A alcaldesa mindoniense, a popular Elena Candia, sinalou que “a través deste proxecto, o municipio pon en valor o seu pan, a súa horta e a súa auga, e o que é máis importante, o factor humano, mozos profesionais que co seu traballo sacan adiante o mellor resultado”.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...