IniciosociedadeUn concerto e unha interpretación histórica, novidades do Mercado Medieval de Mondoñedo

Un concerto e unha interpretación histórica, novidades do Mercado Medieval de Mondoñedo

Uns 150 postos de artesanía encherán o casco histórico da vila, que do 9 ao 11 de agosto volve á Idade Media

Publicada o

- Advertisement -

Unha interpretación histórica da Asociación Cultural Pasatempo e un concerto de música andalusí, cristiá e sefardí son as novidades da vindeira edición do Mercado Medieval de Mondoñedo.

O concelleiro de Cultura, Alberto García, anunciou os reclamos este sábado na presentación do cartel do evento, que se celebrará do 9 ao 11 de agosto.

Nos vindeiros días, o concello irá dando a coñecer a programación completa na que terán continuidade espectáculos como o torneo e o campamento medieval, a cea do sábado ou as actuacións na rúa.

Como cada ano o casco histórico encherase con preto de 150 postos de artesanía, alimentación, ambientación e levaranse a cabo numerosas demostracións de oficios tradicionais e espectáculos de animación.

PROMOCIÓN NOUTRAS VILAS

Como nas últimas edicións, a feira, declarada de Interese Turístico Galego, presentarase noutras vilas e cidades como Ribadavia onde celebran a pioneira Festa da Istoria ou en Santiago de Compostela, onde se programará un pequeno espectáculo.

COLABORACIÓN DA VECIÑANZA

A alcaldesa, Elena Candia, agradeceu a implicación de todas as veciñas e veciños na Feira, que devolve a Mondoñedo á epoca medieval.

A rexedora tamén destacou a “colaboración de voluntarios e traballadores do Concello, ademais do comercio e hostalería local”

ÚLTIMAS

Os sanitarios do Hospital da Costa realizarán accións até seren atendidas as súas demandas

A Xunta de Persoal do Hospital da Costa convocou unha xuntanza este martes para...

Sargadelos ten de prazo ata despois do verán para mellorar a seguridade laboral

A dirección de Sargadelos ten ata despois do verán para mellorar a seguridade na...

A concelleira de Facenda de Foz denuncia a “demagoxia” do PP coas facturas

A concelleira de Facenda e voceira do goberno municipal de Foz, Inés López Couto,...

Piden catro anos de prisión por presunta estafa a un home “en situación de vulnerabilidade”

Unha muller de orixe portuguesa enfróntase a catro anos de prisión por, presuntamente, estafar...