InicioCentralOs 25 anos das alfombras florais de Burela, en fotos

Os 25 anos das alfombras florais de Burela, en fotos

O Concello e a asociación organizadora inauguran unha mostra fotográfica e un vídeo sobre os tapices

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela inaugura este domingo, desde as sete e media da tarde na praza do Concello, unha exposición permanente que consta de 25 fotografías e que servirá para conmemorar o 25 aniversario das alfombras florais que cobren as rúas da localidade nas festas patronais.

A mostra fotográfica, impulsada en colaboración coa asociación das alfombras florais de Burela, incluirá imaxes dos 24 anos anteriores.

Ademais, ás oito da tarde na casa da cultura, vaise proxectar un vídeo conmemorativo dos 25 anos dos tapices. “Contamos para esta iniciativa coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo e temos confirmada a presenza do deputado responsable da área de turismo, Eduardo Vidal”, sinalou o edil de turismo e tenente de alcalde, Ramiro Fernández Rey.

RECLAMO TURÍSTICO

O edil anima “aos veciños e veciñas a acudir a este acto, que vai ser emotivo e bonito, para recoñecer o traballo de quenes elaboran as alfombras florais”, que supoñen “un reclamo turístico para Burela, posto que o sábado imos ter moitos visitantes vendo esa auténtica xoia que fan sobre as rúas”, asegura.

PREGÓN

José Ben Quelle, Hortensio Abad Mon e Santiago Rivera Lestegás, xubilados do mar da asociación A Moncloa, ofreceron o pregón das festas de Burela 2018.  

Momento do pregón, na casa da cultura de Burela. ARQUIVO XORNAL DA MARIÑA

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...