InicioCentralÚltima semana para anotarse no 'Florea o teu balcón' de Mondoñedo

Última semana para anotarse no ‘Florea o teu balcón’ de Mondoñedo

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo lembra que arrinca a última semana para anotarse na terceira edición do concurso ‘Florea o teu balcón‘, que ofrece seis premios de entre 50 e 250 euros ás fachadas mellor decoradas. A data límite para inscribirse no certame é o 31 de maio. 

concelleiro de educación, xuventude e novas tecnoloxías, Alberto García, explica que pode participar “aquel que queira valorizar calquera tipo de espazo no centro urbano, non só balcóns ou fiestras, senón tamén muros ou xardíns verticais”.

Anotan no e-mail concursodebalcones@gmail.com. É preciso incluír nome, apelidos, número de DNI, o enderezo do balcón e o número de contacto.

O concurso durará todo o verán e os nomes dos gañadores coñeceranse no mes de setembro.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...