InicioOccidentalCervoO Congreso debate este xoves a proposta do BNG para adoptar medidas...

O Congreso debate este xoves a proposta do BNG para adoptar medidas urxentes que garantan a actividade de Alcoa

Néstor Rego insta ao Goberno e á Xunta a actuar conxuntamente para manter a actividade e os empregos.

Publicada o

- Advertisement -

A Comisión de Industria e Turismo do Congreso dos Deputados debaterá este xoves unha proposición non de lei (PNL) presentada polo BNG, na que se reclaman medidas urxentes para garantir a actividade e o mantemento dos empregos na planta de Alcoa en San Cibrao.

O deputado Néstor Rego subliñou que o BNG leva a situación de Alcoa ao Congreso “unha vez máis” para instar ao Goberno a actuar, de acordo coa Xunta, para garantir a continuidade da actividade industrial e o mantemento do emprego. Todo iso, segundo recolle o BNG na súa PNL, despois de que a dirección da empresa volvese a “ameazar” co peche da planta da Mariña.

Entre as medidas propostas polos nacionalistas está a modificación do Estatuto do Consumidor Electrointensivo para que recolla a figura das empresas hiper-electrointensivas, que se garanta a máxima compensación por CO2 permitida pola UE, que se tomen medidas para articular unha interrumpibilidade que aproveite a capacidade destas industrias para funcionar como ‘colchón’ nos picos de consumo de enerxía, ou que se eliminen da factura eléctrica os custos de peaxes e cargos asociados ao transporte pola proximidade dos centros de consumo aos de produción.

Así mesmo, o BNG insistiu na necesidade de que o Goberno, en caso de ser preciso, expoña a intervención pública de Alcoa a través da SEPI, de maneira que, aínda que sexa temporalmente, se “permita buscar un operador industrial que presente un plan de viabilidade e futuro” e cumpra o obxectivo de manter a actividade e os empregos.

Outra das medidas que reclaman os nacionalistas é a adopción de medidas legais e institucionais para garantir que Alcoa cumpra os seus compromisos, en especial sobre a execución de investimentos para a construción do forno de ánodos. “Pediremos ás outras forzas políticas que apoien estas propostas para instar o Goberno a que teña disposición para a intervención pública de Alcoa, e que acabe dunha vez a incerteza do persoal, a factoría e de toda a comarca”, afirmou Néstor Rego.

ÚLTIMAS

Óscar López, ‘Costeira’: “A romaría do Bispo Santo é a festa máis antiga de Foz”

-A Romaría do Bispo Santo ten unha longa tradición? Segundo algúns manuscritos este 2024 a...

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

Eleccións á presidencia do Ribadeo FC: abre o prazo para presentar candidaturas

O Ribadeo Fútbol Club convoca eleccións á presidencia da entidade e o prazo...

Barreiros realizará a Orla da Escola Infantil coa fotógrafa Natalia Blanco

O Concello de Barreiros vén de anunciar que contará coa fotógrafa local Natalia Blanco,...