InicioOccidentalCervoO comité de Alcoa denuncia a situación de "desprezo" da firma cara...

O comité de Alcoa denuncia a situación de “desprezo” da firma cara aos empregados

Realizaron unha denuncia a Inspección de Traballo pola "falta de persoal" nas instalacións luguesas.

Publicada o

- Advertisement -

Os delegados de prevención do comité de empresa de Alcoa San Cibrao realizaron unha denuncia a Inspección de Traballo pola “falta de persoal” nas instalacións luguesas da compañía e polo “total desprezo” da firma cara aos empregados, ao negarlles equipos de protección individual (EPI).

No seu escrito, os traballadores da multinacional do aluminio apuntaron á “falta de persoal” para poder operar nas instalacións “con seguridade”. “Nalgúns departamentos trabállase por baixo do persoal mínimo asinado en folgas”, critican. Así mesmo, lamentan que na planta de Aluminio están a denegarse os EPI de protección respiratoria, con máscara con filtros activos como viña dando “historicamente” aos traballadores.

“Isto supón unha discriminación cara aos operarios, dado que si se lle proporciona á xefatura e aos técnicos canadenses que viñeron para o rearranque das cubas. Con todo, as que se fornecen agora aos cubistas que operan durante oito horas son máscaras FFP2, o que supón para os delegados de prevención un total desprezo para os traballadores de San Cibrao”, engade o comité na súa denuncia a Inspección.

Ademais, subliñaron o “mal estado” do material co que teñen que traballar e as “posturas forzadas” dentro das cubas pola decisión tomada pola planta de non adecuar as zonas de traballo, “negándose a sacar as superestructuras con antelación”.

Por isto todo, presentaron unha denuncia a Inspección de Traballo, co obxectivo de mellorar as condicións dos empregados. Todo iso ocorre menos dun mes despois de que a fábrica de Alcoa en San Cibrao, municipio lugués de Cervo, volvese producir aluminio primario tras dous anos de parón, comezando así un proceso de rearranque de forma gradual das súas cubas.

ÚLTIMAS

Ribadeo abre a inscrición para as actividades de verán

Do 20 o 24 de maio estará aberta a inscrición para participar nas actividades...

Viveiro conmemorou as Letras Galegas con actividades no Pastor Díaz

O Concello de Viveiro conmemorou o Día das Letras Galegas 2024 con múltiples actividades...

Comezan as I Xornadas da Cabala organizadas por ACISA Ribadeo

Arrincaron este venres en Ribadeo as Xornadas da Cabala, que organiza Acisa coa colaboración...

O xuíz do ‘caso Alcoa’ alonga seis meses máis a investigación sobre a venda das plantas da Coruña e Avilés

O xuíz da Audiencia Nacional que investiga a querela que presentou en 2020 a Confederación...