InicioCentralBurelaA Garda Civil pecha a investigación polo secuestro dun menor en Burela

A Garda Civil pecha a investigación polo secuestro dun menor en Burela

Coa detención de dúas persoas en Culleredo acusadas de colaborar nos feitos.

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil deu por concluída a investigación sobre o secuestro dun menor de idade no mes de outubro en Burela coa detención de dúas persoas en Culleredo acusadas de colaborar nos feitos.

Catro meses despois, a Benemérita informou do peche da denominada operación Perdouro, asociada ao secuestro dun menor de 16 anos o pasado 23 de outubro na localidade mariñá.

Entón, dúas persoas –un home e unha muller— foron arrestadas pola súa implicación nos feitos. O Xulgado de Instrución número 1 de Viveiro decretou a súa posta en liberdade coa prohibición de aproximarse e de comunicarse por calquera medio tanto co menor en cuestión como coa súa nai.

Meses máis tarde, a Garda Civil arrestou este fin de semana a dous homes, de 59 e 53 anos e residentes en Culleredo, pola súa suposta colaboración co secuestro. Ambos quedaron a disposición do xulgado que instrúe o caso, que decretou a súa posta en liberdade, segundo confirmaron fontes da investigación.

Ademais, no marco do operativo, realizáronse varios rexistros na localidade de Burela, onde se produciu o secuestro a finais de outubro. Os feitos ocorreron na rúa Rosalía de Castro, onde se despregou un amplo operativo policial.

A presenza dos axentes chamou a atención dos veciños dado o importante despregamento desde primeira hora da mañá e ata a tarde. Foi precisamente o amplo operativo o que logrou que os dous presuntos autores do secuestro liberasen ao menor, veciño de Burela de 16 anos.

ÚLTIMAS

O xuíz do ‘caso Alcoa’ alonga seis meses máis a investigación sobre a venda das plantas da Coruña e Avilés

O xuíz da Audiencia Nacional que investiga a querela que presentou en 2020 a Confederación...

Alcoa pide “flexibilidade” ao Goberno e sindicatos para “o éxito” da venda de San Cibrao

Alcoa advirte de que "o éxito" de venda do complexo de San Cibrao, no...

Ribadeo pon en marcha o programa ‘Unha escola, un horto’

O Concello pon en marcha o programa Unha escola, un horto en 4 centros...

Burela acolle o XIV Encontro de Palilleiras este sábado

O Concello de Burela acollerá este sábado, día 18 de maio, o seu XIV...