InicioCentralBurelaBurela convoca a mesa de coordinación contra a violencia de xénero

Burela convoca a mesa de coordinación contra a violencia de xénero

A concelleira Noelia Mª Ben indicou que “se trata dunha iniciativa que busca incrementar o grao e a calidade da coordinación entre todas as administracións públicas do Concello de cara á prevención e abordaxe da violencia de xénero".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela constituíu en xuño de 2021 a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero.

A concelleira Noelia Mª Ben indicou que “se trata dunha iniciativa que busca incrementar o grao e a calidade da coordinación entre todas as administracións públicas do Concello de cara á prevención e abordaxe da violencia de xénero, e contribuír así a optimizar a accesibilidade das mulleres afectadas aos recursos a través da coordinación dos servizos de atención do noso ámbito municipal, buscando que sexa unha ferramenta operativa que consiga unha maior eficiencia en todas as actuacións”.

A edil de Igualdade contou que “a tal fin, a dita mesa está integrada por profesionais de todos os ámbitos municipais e outros implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero, como a Subdelegación do Goberno de Lugo, Policía Local, Garda civil de Burela, representantes dos centros educativos do pobo, representantes do Centro de Saúde de Burela e do Hospital da Mariña, eu mesma como concelleira de Igualdade e persoal técnico do Centro de Información ás Mulleres, da Unidade Asistencial de Drogodependencias e de Servizos Sociais do Concello de Burela”.

Noelia Mª Ben dixo que “logo de 4 xuntanzas cabe resaltar o traballo desenvolvido ata este momento, destacando a formación dos profesionais que integran a mesa, a través dun plan de formación especializado en violencia de xénero, así como un avanzado estado de preparación do proxecto do Protocolo Burela tecendo rede contra as violencias machistas”.

ÚLTIMAS

Óscar López, ‘Costeira’: “A romaría do Bispo Santo é a festa máis antiga de Foz”

-A Romaría do Bispo Santo ten unha longa tradición? Segundo algúns manuscritos este 2024 a...

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

Eleccións á presidencia do Ribadeo FC: abre o prazo para presentar candidaturas

O Ribadeo Fútbol Club convoca eleccións á presidencia da entidade e o prazo...

Barreiros realizará a Orla da Escola Infantil coa fotógrafa Natalia Blanco

O Concello de Barreiros vén de anunciar que contará coa fotógrafa local Natalia Blanco,...